Noticias
21 de novembro de 2013
Catro amigables na casa para os pequenos/as burelistas


Os pequenos/as burelistas disputarán catro dos oito encontros desta fin de semana na casa. Serán compromisos amigables, tres o sábado, benxamíns e alevíns coa ED Lourenzá e un duelo cento por cento laranxa na categoría infantil, e un o domingo, dos alevíns fronte ao Ribadeo FS Infantil Feminino.


 


No quinto amigable desta semana, o Cadete B desprazarase o sábado ás proximidades do Landro para medirse ao Cidade de Viveiro.


 


O apartado ligueiro concéntrase na xornada dominical. En Nacional Xuvenil, os laranxas visitan a pista do Noia FS e, na competición Prebenxamín da Mariña, os burelistas xogarán na casa do AD Praia de Covas. O partido de Autonómica Cadete correspondente á xornada 8, ante o EDC Verín, quedou aprazado. Aos infantís, en Autonómica, tócalles xornada de descanso.


 


Liga Nacional Xuvenil


Noia FS-CD Burela FS
Domingo 24 de novembro, ás 11.00 horas, no pavillón municipal de Noia


 


Liga Autonómica Cadete


CD Burela FS-EDC Verín (xornada 8 aprazada)


 


Liga Autonómica Infantil


DESCANSO


 


Liga Prebenxamín da Mariña


AD Praia de Covas-ED Burela FS (Prebenxamín 1)
Domingo 24 de novembro, ás 16.30 horas, no pavillón municipal de Viveiro


 


AD Praia de Covas-ED Burela FS (Prebenxamín 2)
Domingo 24 de novembro, ás 17.30 horas, no pavillón municipal de Viveiro


 


Amigables


Cidade de Viveiro-CD Burela FS Cadete B
Sábado 23 de novembro, ás 12.00 horas, no pavillón Antonio Tarrío de Viveiro


 


ED Burela FS Benxamín-ED Lourenzá Benxamín
Sábado 23 de novembro, ás 10.30 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela


 


ED Burela FS Alevín-ED Lourenzá Alevín
Sábado 23 de novembro, ás 11.30 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela


 


ED Burela FS Infantil B-ED Burela FS Infantil C
Sábado 23 de novembro, ás 16.30 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela


 


ED Burela FS Alevín-Ribadeo FS Infantil Feminino
Domingo 24 de novembro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores