Noticias
21 de novembro de 2013
5Coruña FS chega a Burela como farol vermello de Terceira
Foto: A Caixa Escura

O Burela FS Pescados Rubén B recibe este sábado o 5Coruña FS en Vista Alegre como farol vermello da Terceira División. A novena xornada entre herculinos e mariñáns comezará as 16.00 horas.


Tras os resultados positivos das dúas últimas xornadas, o cadro de Iván Cao, Lucas, ten unha oportunidade de ouro para asentarse na sexta praza (13 puntos) e seguir pelexando por colocarse entre os mellores da táboa. Enfronte terá o pechacancelas da categoría, que, a pesar de custodiar tan só 4 puntos, vén de dar aviso a navegantes co empate ante o filial do Santiago Futsal (3-3); os outros 3 puntos conseguiunos tamén na casa co Carballiño FS, na sexta xornada (5-4).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores