Noticias
25 de novembro de 2013
Goleada na terceira vitoria consecutiva dos laranxas
Foto: A Caixa Escura

O Burela FS Pescados Rubén B sumou a súa terceira vitoria consecutiva na Terceira División con goleada na visita a Vista Alegre do pechacancelas, o 5Coruña FS (8-0).


Tras unha primeira parte, na que Manu e Pancho avantaxaron os locais, a escuadra de Iván Cao, Lucas, afinou puntería con Manu, de penalti (minuto 25), Alemán (minuto 30) e un dobre penalti de Manu (minuto 32). Con 5-0, a reacción dos coruñeses con porteiro-xogador aínda lles deu oportunidade aos mariñáns para ampliar a renda con dobrete de Xoel (minutos 33 e 38) e final de Keko (minuto 39).



Ficha técnica


Burela Pescados Rubén B:  Brais, Keko, Antón Couto, Antón González, Alemán –cinco inicial- Hélder, Manu,  Xoel, Aitor, Pancho, Javi.


5 Coruña FS: Alfonso, Luis, Jesús, Pablo, Dani –cinco inicial-  Iván, Andrés, Xian, Sergi, Juan.


Goles: 1-0, m.9, Manu; 2-0, m.19, Pancho; 3-0, m.25, Manu (pen.); 4-0, m.30, Alemán; 5-0, m.32, Manu (dp); 6-0, m. 33, Xoel; 7-0, m.38, Xoel; 8-0, m.39, Keko.


Árbitros:  Carlos Suárez, Efrén Álvarez (Lugo)

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores