Noticias
26 de novembro de 2013
O fútbol sala laranxa cóase nas aulas de Riotorto

O fútbol sala e o CD Burela FS Pescados Rubén coáronse onte nas aulas do CEIP de Riotorto para transmitir ao seu alumnado a marabillas deste deporte. Xunto ao director da ED Burela FS e preparador físico do equipo sénior masculino, Alfonso Mera, compartiron unha entretida mañá cos nenos/as os xogadores de Primeira División Juanma e Claudia.


Os alumnado do veciño concello mariñán descubriu a través de tres dos seus protagonistas o día a día da estrutura laranxa, a coidada formación de base e a traxectoria dos equipos sénior ata a elite, coa proxección audiovisual dalgúns dos momentos máis emocionantes do club nos seus doce anos de historia.
 
Alfonso Mera, Juanma e Claudia despedíronse de Riotorto tras compartir mesa e mantel co estudantado e profesorado do centro.


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores