Noticias
7 de decembro de 2013
A Copa de España xógase en Vista Alegre
O Burela Pescados Rubén empata (1-1) no Multiusos do Sar ante o Santiago Futsal nun derbi galego vibrante ata o final. Ademais de romper a inmaculada traxectoria dos locais no seu feudo, primeiros puntos que se escapan do Fontes do Sar, os mariñaos conseguen chegar a última xornada da primeira volta, fronte ao Marfil Santa Coloma, con opcións para a Copa de España “Logroño 2014”, sen depender de terceiros. A oitava posición dirimirase entre Burela Pescados Rubén (16 puntos), Ríos Renovables (15 puntos) e Peñíscola Dunviro (14 puntos).
O derbi galego brillou pola igualdade, a intensidade e as alternativas no dominio do xogo entre dous conxuntos que buscaron a meta rival sen concesións. Únicamente a excelente actuación dos porteiros, Juanjo e Alex, impediu ver un marcador con máis goles. No ecuador do primeiro periodo, Matamoros certificou cun zurdazo raso o mellor inicio dos bureleses ante un Santiago que estaba incómodo ante a presión laranxa. Puido o Burela ampliar a súa renda pero foron os santiagueses os que golpearon máis forte. Diego Quintela desfíxose do seu par e enviou un misil á escuadra burelesa, logrando o empate a un minuto do descanso.

No inicio da segunda parte, o Santiago Futsal apertou aos mariñanos que lograron saír indemnes e reaccionaron cun disparo seco de Isi que se estrelou na escuadra de Juanjo. O duelo estaba en todo o alto con ambos contendentes golpeando e contraatacando ao seu rival pero a igualdade continúa reinando no marcador. No minuto 34 chegou a expulsión do burelés Mimi, dobre amonestación, pero os de Juanlu souberon frear as embestidas locais e tras superar o perigo cercaron a meta de Juanjo que impediu a vitoria mariñá.

Ficha técnica

Santiago Futsal: Juanjo, David, Quintela, Lucho, Pazos –cinco inicial- Barroso, Santi, Chus, Hugo Sánchez, Eloy Rojas, Hamza.

Burela FS Pescados Rubén: Álex, Isi, Matamoros, Antoñito, Burrito -cinco inicial- Iago Míguez, Mimi, Juanma, Hugo, Christian.

Goles: 0-1, m.10, Matamoros; 1-1, m.19, Quintela.

Árbitros: Sanzol Goñi, Urdanoz Apezteguia. Tarjetas: En Santiago: cartón amarelo a David Pazos; Eloy Rojas. En Burela: cartón amarelo a Matamoros; doble cartón amarelo a Mimi, expulsado m.34.

Incidencias: Partido correspondente á 14ª xornda de Primeira División LNFS. 200 aficionados laranxas acompañaron ao seu equipo no Multiusos Fontes do Sar.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores