Noticias
12 de decembro de 2013
Xornada das categorías de base
A actividade laranxa do fin de semana arranca o sábado día 14, 10.00 horas, con un encontro amigable en Xove do equipo infantil C ante o ACD Xove. As 11.30 horas o protagonismo será para o Cadete Autonómico que se enfronta ao Leis Pontevedra, en Vista Alegre.

Na quenda da tarde, Vista Alegre acollerá o interesante duelo de Terceira División entre o Burela Pescados Rubén B e o Bueu, 16.00 horas.

O espíritu laranxa viaxará a Santiago de Compostela onde o xuvenil nacional afronta o derbi ante o Santiago Futsal, pavillón de Santa Isabel ás 18.00 horas. Mentras os peques laranxas da Liga de A Mariña, prebenxamín 2, xogarán co Xove as 11.00 horas no municipal xovense.

O domingo día 15, o prebenxamín 1 xogará no pavillón Monte Castelo de Burela a cuarta xornada da Liga de A Mariña co Cidade de Viveiro, 12.00 horas.



Terceira División
CD Burela Pescados Rubén B – Bueu FS
Sábado 14 de decembro, 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Liga Nacional Xuvenil
Santiago Futsal - CD Burela FS
Sábado 14 de decembro, 18.00 horas, no pavillón Santa Isabel de Santiago.

Liga Autonómica Cadete
CD Burela FS-Leis Pontevedra
Sábado 14 de decembro, ás 11.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela.

Categoría Infantil. Amigable
ACD Xove – ED Burela FS
Sábado 14 de decembro, 10.00 horas, no pavillón municipal de Xove.

Categoría Prebenxamín. Liga A Mariña
ACD Xove – ED Burela FS
Sábado 14 de decembro, 11.00 horas, no pavillón municipal de Xove.

ED Burela FS – Cidade Viveiro
Domingo 15 de decembro, 12.00 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores