Noticias
12 de decembro de 2013
Noite especial en Vista Alegre
Vista Alegre prepárase para vivir unha noite especial que pode ser histórica para o CD Burela Pescados Rubén. A clasificación para a Copa de España Logroño 2014 pasa por A Bomboneira e o espírito laranxa de tantas tardes de gloria estará presente, unha vez máis.
O 4 de setembro de 2001 comezou a escribirse a historia laranxa e o 13 de decembro de 2013 pode sumarse a outras datas históricas da entidade mariñana. Entre ambas, 12 intensos anos de encontros e emocións, con alegrías e tristezas, escalando desde o noso pequeno recuncho no noroeste español cara a elite mundial do Fútbol Sala.
Obxectivo actual. ¡Quen o diría tempo atrais! Clasificación para a Copa de España. Que non cho conten, víveo!

Día: venres 13 Hora: 20.30 Rival: Marfil Santa Coloma Escenario: A Bomboneira

O momento da verdade chegou e a escuadra dirixida por Juanlu está disposta e preparada para conquistar a praza con rumbo a Logroño. O técnico burelés conta co seu arsenal ao completo para o duelo crucial ante o Marfil Santa Coloma. Os cataláns preséntanse en Vista Alegre coa súa clasificación copera selada e co seu estilo de xogo “alegre e dinámico. Posúen un potencial ofensivo importante no que como todo o mundo sabe destaca Dani Salgado” comentou Juanlu que prioriza a “ilusión pola ocasión histórica que se nos presenta” sobre o rival en concreto: “Lógicamente preparamos o encontro coa atención que o rival merece pero estamos ante unha oportunidade histórica. Dependemos de nós mesmos, xogamos en Vista Alegre e imos a pola vitoria. Queremos facer historia e premiar á afección”.

Respecto da presión do encontro, o adestrador burelés recordou que “presión é cando estás abaixo xogándote a permanencia como nos pasaba a tempada anterior, pasamos momentos difíciles e a afección apoiounos para superalos. Confío plenamente que Vista Alegre nos leve en volandas cara á vitoria”.

O Burela Pescados Rubén clasifícase para a Copa de España si:
- Gana
- Empata e, ou ben Ríos, ou ben Peñíscola, empatan ou perden
- Perde e Ríos e Peñíscola perden
- Perde e Ríos e Peñíscola empatan
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores