Noticias
13 de decembro de 2013
Resultado inxusto en Vista Alegre
O pase á Copa de España escapouse de Vista Alegre no último minuto con dous goles de Dani Salgado. O 4-5 definitivo chegou sobre a bocina e o 4-4 tras aproveitar o rexeite do doblepenalti detido en primeira instancia por Alex. Dobre castigo que chegou tras unha falta inexistente sobre Didac que únicamente os árbitros apreciaron. A tristeza e indignación cos colegiados invadiu Vista Alegre que non puido celebrar a clasificación copera do Burela Pescados Rubén. O que sí estará na Copa é o Ríos Renovables tras vencer 4-1 ao Jumilla. Parabens para o conxunto navarro.
Fotografía: A Caixa Escura
Tras un primeiro periodo de dominio claro do Burela Pescados Rubén o marcador reflectía un escueto 2-1 polas intervencións de Didac e porque Dani Salgado fixo a súa primeira aparición ao filo do descanso. Na continuación, os mariñaos volveron saír con forza e Matamoros lograba o 3-1, minuto 23, vantaxe que aumentou Antoñito (4-1), minuto 31.

O Marfil apostou co porteiro xogador e rápidamente marcou o 4-2. O Marfil atacaba de cinco e o Burela defendía a súa vantaxe e Alex tiña que intervir para sufocar o acoso visitante. No minuto 33, os colegiados sinalizaron a quinta falta burelesa.
Pouco despois a fortuna aliouse co Marfil, Martel atópase un rexeite e marca o 4-3.

Restaban cinco minutos para o final e a tensión era máxima en Vista Alegre. Sen movementos no electrónico,chegou a incomprensible decisión arbitral ao sinalizar unha falta inexistente de Hugo sobre Didac.

Dani Salgado executou o doblepenalti que parou Alex pero o rexeite caeu de novo nas botas do Salgado que empate o encontro. Co Burela con xogo de cinco, outra vez apareceu o goleador catalán para marcar o definitivo 4-5 sobre a bocina.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores