Noticias
17 de decembro de 2013
Juanlu: "Pídolle perdón á afección por non estar na Copa de España"
Juanlu Alonso teno moi claro. Si o seu equipo, o Burela, non se clasificou para a Copa de España non foi pola derrota ante o Marfil senón pola súa vulnerabilidade fronte aos rivais máis débiles. Asume o mea culpa, pero non ignora o polémico arbitraje sufrido no partido definitivo.




-Fracaso? Decepción? Como cualificaría o de quedarse fóra da Copa de España?
-Foi unha decepción maiúscula, pero o que pasou ante o Marfil Santa Coloma foi só un accidente. O billete perdémolo antes, deixándonos puntos ante o Gáldar, o Azkar, o Jaén e o Zaragoza, catro dos cinco últimos clasificados. suspendemos en decembro e estamos obrigados a aprobar en xuño. Estou convencido de que teño un dos oito mellores planteles da competición e non aprobar en xuño si sería un fracaso. É máis, eu teño contrato para a próxima tempada pero si o equipo non se mete en play-off poño o meu cargo a disposición do club.


-Era demasiado risco xogarse todo á última carta.
-Así é, e máis ante un equipo como Marfil. Onde realmente fallamos foi nos partidos que tiñamos obrigación de gañar. Dos equipos de abaixo só derrotamos ao Manacor, un balance moi pobre para un club coas nosas aspiracións. E ante os de arriba poderiamos dicir que sumamos o que tiñamos que sumar.


-Só o árbitro viu falta de Hugo sobre Dídac na acción que significou o 4-4.
-Os principais responsables de que o Burela non estea na Copa somos nós, e eu máis que ninguén como adestrador que son, pero o que pasou nesa xogada non podemos pasalo por alto. A decisión que tomou o árbitro paréceme un acto de irresponsabilidade. Ata o seu compañeiro se sorprendeu. Digamos que nós  colgamonos dunha corda a 30 metros do chan, como fan os acróbatas, e o árbitro pegounos o último empujón.

E eu fágome unha pregunta: ¿como é posible que no partido máis decisivo da xornada non estea unha das tres mellores parellas arbitrales da competición? A designación foi inadecuada. Non se nos respectou. Si eu me xogase os últimos minutos do partido cos xogadores máis novos sería un irresponsable. Todo o mundo pode equivocarse, pero en momentos de tensión é máis difícil que falle Matamoros, con 10 anos de experiencia en Primeira División, que Carlitos.

 

Máis información en: La Voz de Galicia

 

 


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores