Noticias
17 de decembro de 2013
Quenda para a Copa do Rei
Tralo duro golpe da Copa España, o Burela Pescados Rubén continúa a súa loita pola elite do Fútbol Sala e agora é a quenda da Copa do Rei. Os mariñaos afrontan a eliminatoria de oitavos de final ante o Levante Dominicos, segundo clasificado da Segunda División. O duelo dispútase o mércores día 18, ás 20.30 horas no polideportivo O Cabanyal de Valencia.

Cruce de contrastes. Os dous conxuntos chegan a esta eliminatoria de partido único con sensacións opostas. Os locais enlazaron tres vitorias consecutivas e só coñecen a vitoria no súa feudo mentres que o Burela Pescados Rubén chega tralo varapalo ante Marfil pero coa mentalidade e a forza precisa para levantarse, mostrar o seu orgullo ferido e continuar na competición.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores