Noticias
21 de decembro de 2013
España subcampiona no Torneo Mundial
Ciudad Real, 20 de decembro de 2013. Brasil impúxose a España na final do IV Torneo Mundial de Fútbol Sala feminino por 2 a goles a 1. Co seu triunfo as brasileiras convértense en tetracampeonas e dominadoras absolutas do Torneo Mundial. España alcanza o subcampeonato por segunda ocasión tralo obtido en 2011.
Foto: Gustavo Voces Foto: Gustavo Voces
A gran final deparou un bo espectáculo aos case 6.000 espectadores que encheron o Quijote Arena, aínda que finalmente quedáronse co mel nos beizos co 1-2 logrado por Tatiane, minuto 38, cando España máis apertaba ás cariocas. A selección dirixida por José Venancio realizou un brillante papel durante o Torneo demostrando que as diferenzas entre ambas seleccións reduciuse considerablemente. O excelente traballo realizado polas xogadoras españolas baixo a dirección de José Venancio levounas a competir, de igual a igual, ante unha selección brasileira que debeu sufrir ata o final para manter o seu cetro mundial.

O Burela Pescados Rubén felicita á selección española e á organización polo seu extraordinario Torneo, en especial ás xogadoras laranxa, Lidia e Peque, e tamén a Lucía Nespereira. Noraboa á selección brasileña polo título, especialmente a Joziane de Oliveira xogadora do Burela Pescados Rubén.

”A valoración do torneo foi de dez”
José Venancio López, seleccionador nacional, comentaba ao termino do choque “en términos xerais a valoración do torneo foi de dez. Antes da final xa anticipaba que ía estar ao cincuenta por cento e foi foi, estivo moi igualada e decidírona pequenos detalles”. En canto ao rendemento das xogadoras ao longo do campionato comentaba que “traballaron moitísimo e demostrárono na segunda parte tendo o control total do partido” aínda que, “tal vez necesiten un pouco máis de experiencia para poder gañar estes partidos tan igualados”. En canto á afección presente ao longo do IV Torneo Mundial considerou que “foi incrible e tróuxonos en volandas, gran parte do resultado debémosllo a eles”.

Ficha técnica

España: Belén; Isa García; Ampi, Ceci e Anita Luján (quinteto inicial). Tamén xogaron; Patri Chamorro, Natalia, Leti; Peque, Sara Iturriaga e Lucía Nespereira.

Brasil: Jozi; Cilene, Vanessa, Ju Delgado e Lu (quinteto inicial). Tamén xogaron; Renata, Amanda, Diana, Tatiana, Ariane, Neguinha.


Goles: 0-1, min. 3 Ju Delgado; 1-1, min. 34 Vanessa (propia porta); 1-2, min. 38 Tatiane.

Pabellón Quijote Arena. Preto de 6.000 espectadores.

Colexiados. Irina Velikanova (Rusia) e Nuno Bogalho (Portugal). Amonestaron con cartulina amarela a Ceci, Leti e Peque en España e a Cilene en Brasil.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores