Noticias
28 de decembro de 2013
Remontada laranxa no derbi galego
Remontada do Burela Pescados Rubén no derbi galego (4-2) ante o Poio Pescamar que logrou sorprender no inicio pero que tivo que renderse á superioridade laranxa.
O choque comezou con moita intensidade aínda que con imprecisións e sen dominador claro. Neste escenario as visitantes lograron sacar proveito e situarse cun 0-2, goles de Charo e Ceci, que lonxe de amilanar ás burelesas activou a súa reacción. O Burela comezou a xerar ocasións de perigo pero Silvia, porteira visitante, e o travesaño tras un disparo de Lidia impedían recurtar distancias. O dominio local recolleu o seu premio co 1-2 logrado por Lidia, minuto 14, e o asedio incrementouse ata o descanso aínda que sen movementos no marcador. O Poio Pescamar recibiu o descanso con alegría ante as ocasións locais.

No segundo capítulo, as pontevedresas xa non puideron evitar a remontada laranxa que se materializou con dous goles de Peque para situar o 3-2. O Poio intentou reaccionar pero as mariñanas non cederon e no tramo final Lidia puxo a sentenza definitiva (4-2) desde o dobrepenalti.



Ficha técnica

Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Bea Mateos, Peque, Maite, Lidia-cinco inicial- Lara, Claudia.

Poio Pescamar: Silvia, Kiko, Ceci, Claudia, Charo –cinco inicial- Peke, Elena, Yoli,

Goles: 0-1, m.7, Charo; 0-2, m.12, Ceci; 1-2, m.14, Lidia; 2-2, m.26, Peque; 3-2, m.31, Peque; 4-2, m.39, Lidia.

Árbitros: Darriba Villamor, Villanueva Blanco. Galicia. Amosaron cartón amarelo a Maite, minuto 32, no Burela e a Kiko, minuto 39, no Poio.


Incidencias: Partido disputado no pavillón Vista Alegre de Burela correspondente á xornada 12 de Primeira División. 800 espectadores, con numerosa presenza de seareiros do Poio Pescamar. Antes do inicio do encontro Lidia, Peque e Jozi posaron coas medallas de subcampionas (España) e campiona (Brasil) do Torneo Mundial.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores