Noticias
7 de febreiro de 2014
Suspéndese a actividade do Burela FS para hoxe e o domingo

O CD Burela FS Pescados Rubén suspendeu a actividade nos pavillóns e desprazamentos de todas as súas categorías tanto para hoxe pola tarde coma para o domingo, debido á información remitida dende o Concello de Burela por alerta de temporal, segundo as directrices da Xunta de Galicia.


Os aprazamentos de partidos de base afectan á Liga Autonómica Cadete e Infantil, Liga Prebenxamín da Mariña e Deporte Escolar.


Se as previsións meteorolóxicas non empeoran, en principio disputaranse os encontros da ED Burela FS programados para o sábado, da liga Escolar. Tamén se manteñen o Burela FS B-Superti (16.00 horas), de Terceira División, e Burela FS-Valdetires FSF (18.30 horas), de Primeira División.



Deporte Escolar


EDM Barreiros Infantil-ED Burela FS Infantil B
Sábado 8 de febreiro, ás 12.00 horas, no pavillón municipal de Barreiros


ED Burela FS Infantil C-ED Riotorto Infantil
Sábado 8 de febreiro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


ED Burela FS Alevín-Escolas Celeiro Xove FS Alevín A
Sábado 8 de febreiro, ás 11.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


ED Burela FS Benxamín-CFS Cidade de Viveiro Benxamín
Sábado 8 de febreiro, ás 10.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores