Noticias
7 de febreiro de 2014
Tarde de derbis
Foto: A Caixa Escura

O Burela FS Pescados Rubén B abrirá mañá unha tarde de derbis en Vista Alegre (16.00 horas). A Terceira División acollerá a 17ª xornada entre os laranxas e o Superti A Pontenova, un apetitoso duelo mariñán como antesala da pugna galega de Primeira División RFEF, coa visita do Valdetires Ferrol FSF (18.30 horas).



Á convocatoria de Lucas poderán volver Bruno de Nois e Brais, recuperados das súas respectivas lesións. Quen aínda non poderá estar será Antón Couto, cunha lesión de clavícula; tampouco poderá participar na cita Manu Jiménez, sancionado cun partido de suspensión tras a dobre amarela da semana pasada na Estrada.



O Burela FS chega ao encontro na sétima praza, con 23 puntos, fronte á undécima do rival, con 17 puntos. “Como en calquera derbi, a motivación será a gran protagonista na cita” adiantaba Lucas, prognosticando un partido moi diferente ao da primeira volta, que caeu do lado pontenovés (5-3), polos cambios nas filas rivais: “Dende finais de ano están ás ordes dun novo adestrador e tamén tiveron baixas como Solla e Carlos”. “Fáltalles algo de profundidade de banco pero están facendo un bo xogo; veñen de empatar ao Santiago Futsal (3-3) nun partido moi rifado” advertía o técnico mariñán.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores