Noticias
17 de febreiro de 2014
O Burela FS B imponse aos vilalbeses con hattrick de Manu e dobrete de Xoel (4-6)
Foto: A Caixa Escura Producións

O Burela FS Pescados Rubén B impúxose en derbi provincial ao pechacancelas de Terceira, Vilalba Peugeot FS, con hattrick de Manu e dobrete de Xoel, ademais da contribución de Antón González. Os laranxas valéronse da renda da primeira parte, con 2-4, para facerse cos tres puntos despois dun segundo período no que os locais conseguiron acurtar distancias ata o 4-5.


Antes do minuto 5, os mariñáns xa dominaban o marcador con vantaxe de 0-2. O Vilalba soubo reaccionar ante as adversidades pero non freou os de Lucas, que chegaron ao descanso con 2-4.


Na segunda parte, Manu, sublime no seu regreso ás pistas, marcou o terceiro da súa cuadrícula persoal na cita. Nos últimos cinco minutos, os locais que pelexaron pola remontada con Púas e Aitor (minutos 35 e 39), pero Xoel deulle a tranquilidade necesaria á escuadra visitante co 4-6 definitivo nos últimos segundos.


O Leis Pontevedra, dende o cumio da clasificación, visitará o vindeiro sábado A Mariña para medirse aos pupilos de Lucas na 19ª xornada (Vista Alegre, 16.00 horas)


Goles: 0-1, Manu, minuto 1; 0-2, Antón González, minuto 4; 1-2, Roi, minuto 12; 1-3, Manu, minuto 15; 1-4, Xoel, minuto 17; 2-4, Miguilla, 26; 2-5, Manu, minuto 35; 3-5, Púas, minuto 35; 4-5, Aitor, minuto 39; 4-6, Xoel, minuto 40

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores