Noticias
1 de marzo de 2014
Burela FS 2-2 Ríos Renovables
Foto: A Caixa Escura Producións

O Burela FS Pescados Rubén segue o seu camiño. O empate desta tarde na visita do Ríos Renovables (2-2) mantén a pugna pola sétima praza para riberanos e laranxas (30). Vista Alegre volveu vivir un duelo de rivalidade digno de firmes aspirantes aos mellores play off, no que a fortuna goleadora se repartiu na primeira parte para os locais e a segunda para os visitantes e os gardametas captaron gran parte do protagonismo.


 


Nos primeiros compases ambas as escuadras xa tentaban a meta rival. Edu primeiro, cunha man prodixiosa, e Mimi despois, sacando o balón cando xa excedera o porteiro mariñán, conseguiron manter as táboas no luminoso no minuto 2. Sobre o 5, Mimi volveu erixirse como o protagonista, pero esta vez en ataque, cun disparo á escuadra que se marchou alto. A defensa laranxa freou as ganas dos de Tudela e quixo sorprender a Molina nun saque de esquina recollido por Antoñito sen sorte, no minuto 7, tentativa á que respondeu Juni poucos segundos despois ante un sagaz Edu. Cando máis asediaba o Renovables os paus burelistas chegou o gol dos locais, con Antoñito de tacón asistido por Burrito (minuto 9). Tan só un minuto despois, Matamoros subiu o 2-0, coa o apoio tamén de Burrito, que aproveitou a saída da área do balón de Mimi, enzarzado coa defensa visitante. In crescendo, o Pescados Rubén perseguiu unha nova diana nas zapatillas de Iago Míguez, a pase de Isi, que non atopou a resposta esperada no centro (minuto 12). Na recta final e con acumulación de faltas para o Burela FS, o rival intensificou a súa presión para acurtar distancias, con dúas boas ocasións no 17, de David e Joselito, aínda que o conxunto de Juanlu tamén xerou un gran perigo nos pés de Antoñito (minuto 17) e Matamoros (minuto 19). O descanso chegou cun Ríos moi activo en ataque.


 


Co reinicio o Burela FS tivo no electrónico o 3-0 nun control de Iago Míguez en combinación con Mimi (minuto 23). Poucos segundos despois, o Ríos atopou o seu gol tan buscado nas zapatillas de Palmas, que recibiu o esférico na área. Juanma volveu dispoñer dunha oportunidade de ouro para o terceiro no 26, asistido de novo por un traballador e eficaz Mimi. Charlie buscou a igualada tan só un minuto despois ante a imperturbable solvencia de Edu. No ecuador do segundo tempo, Burrito contribuíu a dúas grandes chegadas de Iago e Antoñito, que pegaron no tamén resolutivo Molina. O meta naronés volveu demostrar a súa infranqueabilidad no 32, ante David, pero non puido facer nada no contraataque culminado por Andresito a pase de Luisma, tan só dous minutos despois. Co marcador 2-2, as ocasións dos tres puntos concentráronse nas filas laranxas. No 38, Lolo desbaratou a circulación de Mata sobre Molina, a pase longo de Edu. A falta de 1.12, Burrito estrelou un potente mísil contra o pau.


Ficha técnica


Burela FS Pescados Rubén: Edu, Mimi, Burrito, Matamoros, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Iago Míguez, Isi, Juanma


Ríos Renovables Ribera Navarra FS: Molina, Lolo, Rubi, Andresito, Charlie, cinco inicial; tamén xogaron Palmas, Luisma, Joselito, David, Juni


Goles: 1-0, minuto 9, Antoñito; 2-0, minuto 10, Matamoros; 2-1, minuto 23, Palmas; 2-2, minuto 34, Andresito


Árbitros: Redondo Arenales // Viedma Martín (Castela e León)


Tarxetas: Por Burela FS, amarela a Edu (minuto 7). Por Ríos amarela a Juni (minuto 8)


Incidencias: Partido correspondente á 23ª xornada de Primeira División LNFS disputado en Vista Alegre. Arredor de 900 espectadores nas bancadas, con colorido de Entroido Laranxa

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores