Noticias
5 de marzo de 2014
Lara defenderá a Galicia na fase final Sub-21

A xogadora do CD Burela FS Peixes Rubén Lara Balseiro defenderá a Galicia na fase final do Campionato de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala Sub-21 que terá lugar esta fin de semana en Alcorcón (8-9 de marzo).


O combinado irmandiño medirase á Comunidade Valenciana abrindo a cita, ás 10.00 horas do sábado (pavillón La Canaleja). Ás 12.30 horas, Cataluña e Madrid pelexarán polo segundo billete para a final, programada para o domingo, ás 12.00 horas.


Xunto á mariñá, compoñen a convocatoria, cuxo xefe de expedición volverá ser o vicepresidenta do CD Burela FS, José Luis Sáez, Ana López, María Arias e Vanessa Sotelo, do Cidade das Burgas; Ana Rivera, do Ponte Ourense; Adriana Rodríguez, do Leis Pontevedra; Belén Feal, A Fervenza FS; Cruz Sánchez, Viaxes Amarelle; Claudia Martínez e María Carmen Pérez, Poio FSF, e Alejandra de Paz e Diana J. Díaz, do Valdetires Ferrol.


A selección de Manuel Castillo gañouse o pase a semifinais con autoridade e solvencia tras derrotar a Cantabria (11-0) e ao País Vasco (13-0), logrando a primeira praza do grupo A. A viveirense, Lara Balseiro, anotou un tanto no duelo ante as cántabras e fronte ao combinado vasco destapou a súa vea goleadora alcanzando a cifra dos 4 goles.


Primeira RFEF. As burelistas retomarán a competición de Primeira División RFEF o sábado 15 na pista do pechacancelas, AE Vallirana (19.00 horas), para continuar perseguindo o soño do liderado, con tan só un punto de distancias logo dos resultados da fin de semana. Despois de adestrar luns e martes desta semana, as pupilas de Quico Otero volverán ao traballo o vindeiro luns.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores