Noticias
10 de marzo de 2014
Lara e Silvia, subcampioas de España con Galicia Sub-21

As xogadoras laranxas Lara Balseiro e Silvia Rubal regresaron onte de Madrid como subcampioas de España coa Selección Galega Sub-21.


O combinado irmandiño conseguiu o seu billete o sábado para a gran final logo de vencer en semifinais a Valencia por 3-4, con protagonismo goleador da viveirense Lara, que formou parte do quinteto inicial de Manuel Castilo.


Na cita decisiva polo título, Galicia plantouse o domingo diante da favorita, Madrid, que viña de impoñerse con contundencia a Cataluña (2-8). A escuadra irmandiña, de novo con representación burelista no cinco de saída, pelexou aínda que sen fortuna finalizadora contra a eficacia das anfitrioas, que se gañaron por 4-0.


 


SEMIFINAL


VALENCIA: Aída, Estefanía, Elena, Andrea Castelló e Pegue (quinteto inicial). Tamén xogaron Saray, Natalia, Nekane, Palanca e Ana Belén (segunda porteira).
Adestrador: Carlos Navarro
GALICIA: Ana López, Claudia, Alejandra, Vanessa e Lara (quinteto inicial). Tamén xogaron Cruz, Diana e María Arias.
Adestrador: Manuel Castillo
Goles: 1-0, min. 1 Andrea Castelló
1-1, min. 11 Alejandra
2-1, min. 22 Elena
2-2, min. 23 Vanessa Sotelo
2-3, min. 24 Lara
2-4, min. 28 Claudia
3-4, min. 40 Andrea Castelló


 


FINAL


MADRID: Belén, Coral, Cris, Jenni e Clara (quinteto inicial). Tamén xogaron Marta Rodríguez, Houda, Aída, Ana, Rocío, Mónica e Marta Balbuena (segunda porteira).
Adestrador: Ángel Parada
GALICIA: Ana López, Claudia, Alejandra, Vanessa e Lara (quinteto inicial). Tamén xogaron Cruz, María Arias, Diana e Belén.
Adestrador: Manuel Castillo
Goles: 1-0, min. 18 Cris
2-0, min. 22 Jenni
3-0, min. 26 Marta Rodríguez
4-0, min. 31 Cris

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores