Noticias
17 de marzo de 2014
O Burela FS vence na Coruña (2-4) con hat trick de Carlitos

O Burela FS Pescados Rubén B volveu responder cos tres puntos nunha xornada na que non houbo sorpresas nos postos altos. O cadro de Iván Cao, ‘Lucas’, venceu por 2-4 o 5Coruña FS con hat trick de Carlitos.


Xa no minuto 4 e con dobrete de Carlitos, o conxunto laranxa avantaxaba 0-2 no Barrio das Flores herculino tras un roubo en primeira instancia e xogada elaborada despois. No entanto, os coruñeses aproveitaron unha contra para reducir distancias, no minuto 6, de Juan. A pesar da presión burelista, o luminoso mantívose sen alteracións ata o descanso.


No segundo período, a finalización tamén se resistiu. O Burela FS non se atopaba cómodo e cometía imprecisións nos últimos metros. Precisamente nunha perda dos visitantes, chegou o empate, no minuto 33, de Xián. Foi entón cando volveron reaccionar os de Lucas coa súa pegada; tan só un minuto despois Carlitos anotaba o terceiro. A falta de tres para o final, o 5Coruña FS apostou por porteiro-xogador; o 2-4 definitivo foi obra do meta Javi Fajardo, no 39.


 


Ficha técnica


5Coruña FS: Óscar, Sombrita, Luis, Iván Presno e Cristian, no cinco inicial; tamén xogaron Jesús, Andrés, Sergi, Juan, Alfonso e Xián


Burela FS B: Brais, Manu, Keko, Carlitos e Alemán, no cinco inicial; tamén xogaron Hélder, Antón, Xoel, Pancho, Aitor e Javi


Goles:  0-1 minuto 2, Carlitos; 0-2, minuto 4, Carlitos; 1-2, minuto 6, Juan; 2-2, minuto 33, Xián; 2-3, minuto 34, Carlitos; 2-4, minuto 39, Javi

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores