Noticias
21 de marzo de 2014
Prestixio Galego
Foto: Xunta de Galicia

O CD Burela FS Pescados Rubén recibiu onte na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o galardón como Mellor Equipo Feminino dentro dos Premios do Deporte Galego 2013, presididos polo titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e o secretario Xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete Lasa.


O club laranxa recolleu o premio en mans de Cesarina Fanego, cofundadora da empresa patrocinadora Pescados Rubén, que acudiu ao acto xunto ao seu marido, Rubén Blanco; o presidente da entidade laranxa, Manuel Blanco; o vicepresidente, José Luis Sáez; e os directivos Alba Vila e Marcelino Luna; así como a capitá Lidia Mesías e o resto do equipo mariñán.


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores