Noticias
25 de marzo de 2014
O xuvenil Hélder estará con Galicia Su-19 na final do Campionato de España

O xuvenil do CD Burela FS Pescados Rubén estará con Galicia Sub-19 no periplo da fase final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas, que se disputará esta fin de semana en Santa Coloma de Gramanet. A localidade barcelonesa acollerá a pelexa polo título o sábado 29 e domingo 30 coa presenza de Galicia, Rexión de Murcia, Andalucía e Cataluña.


Os irmandiños estrearán as semifinais ante os murcianos no municipal Nou, o sábado ás 10.00 horas. Ás 12.00 mediranse andaluces e cataláns. A final, prevista para o domingo, será as 12.00 horas.


O combinado de Ramón Francisco Barreiro Pose, que iniciará a concentración o xoves en Santiago de Compostela, estará composto ademais por Francisco Manuel Núñez, do Verín FS; Alberto Fernández, Samuel Fernández e Adrián Torres, do Santiago Futsal; Miguel Ángel Rodríguez, do CD Beade; Rubén Mouriz; Adrián González e Alejandro Diz, do Azkar Lugo FS; Ángel López e Ignacio Rodríguez, do Parrulo FS; e Ismael Vázquez, Vilalba FS.


Ademais de Hélder, a Selección Galega gañou o pase a esta fase coa participación do gardameta laranxa Erik Campo. Os irmandiños impuxéronse 1-4 a Estremadura e 3-2 a Madrid.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores