Noticias
29 de marzo de 2014
O Burela cede o liderado tras caer en La Estación
Partido trepidante e con grandes doses de emoción o disputado polos candidatos ao título de Liga de Primeira División. O Burela Pescados Rubén caeu derrotado en La Estación polo Atlético de Madrid (4-3), tras remontada roxiblanca no tramo final con xogo de cinco. Con esta vitoria das madrileñas, as mariñás ceden o liderato a un Atlético de Madrid que se sitúa con 60 puntos, polos 58 do Burela Pescados Rubén.
O duelo no cumio non decepcionou, tras uns primeiros compases de tanteo no que ambas escuadras mediron as súas forzas as roxiblancas tomaron a iniciativa no marcador. Nunha contra, previa falta a Bea Mateos, Ju Delgado situou o 1-0 que ampliou Rosana (2-0) tras superar a Jozi no un contra un. A eficacia goleadora colchoneira danou a nave burelesa por uns instantes ata que emerxeu a figura da súa capitá. Lidia Mesías aproveitou varios rexeites recortando distancias (2-1), minuto 13, e o Burela Pescados Rubén retomou o mando do choque. O dominio laranxa careceu de efectivade nas ocasións xeradas, Lara desperdiciou un dobrepenalti nos últimos segundos e ao descanso chegouse co 2-1. Na continuación, a escuadra dirixida por Quico Otero aumentou o seu control do xogo e logrou remontar o marcador. Unha vez máis, Lidia Mesías deixou o seu selo no encontro cun golazo pola escuadra que supuxo o empate (2-2) e Claudia logrou o 2-3 que referendaba o bo xogo visitante, minuto 35. As burelesas gozaron de ocasións para pechar o encontro pero sin acierto. O Atlético apostou polo xogo de cinco, arma que finalmente resultou decisiva no desenlace do choque xa que Cris e Natalia logron bater a meta laranxa para remontar o choque e sumar un triunfo (4-3) que lles permite recuperar o liderato. Ficha técnica Atlético de Madrid: Belén, Anita Luján, Natalia, Cris, Ju Delgado –cinco inicial- Rosana, Rocío, Peke. Burela Pescados Rubén: Jozi, Peque, Bea Mateos, Claudia, Daniela –cinco inicial- Lara, Lidia, Maite. Goles: 1-0, m.6, Ju Delgado; 2-0, m. 10, Rosana; 2-1, m.13, Lidia; 2-2, m.30, Lidia; 2-3, m.35, Claudia; 3-3, m.36, Cris; 4-3, m.39, Natalia. Árbitros: Iván Belhoyo, Javier Montero. Colexio madrileño, amosaron cartón amarelo no Atlético a Ju Delgado e Cris, e no Burela a Bea Mateos. Incidencias: Xornada 23 da Primeira División disputada no pavillón La Estación de Navalcarnero. 600 espectadores, con numerosa presencia da afeccionados laranxas na grada.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores