Noticias
1 de abril de 2014
Emocionante fase final comarcal en Deporte Escolar

As categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén viviron unha emocionante final comarcal de Deporte Escolar durante a fin de semana. O Infantil A conseguiu superar as semfinais fronte á EDM Barreiros (7-1), aínda que na gran final bateu con Lourenzá-Mondoñedo (3-0), que xa desbancara o Infantil B (0-9) na fase anterior; pola súa banda, o Cadete A tamén tivo un enfrontamento rifadísimo co Pilar, que caeu do lado dos focegos pola mínima (2-3) en semifinais.


Selección Galega. Compatibilizando os compromisos ligueiros, os xogadores da base burelista tamén andan entre idas e vidas da Selección Galega. O xuvenil Hélder Gonçalves participou a fin de semana pasada no Sub-19 de España en Santa Coloma de Gramanet; o cadro irmandiño caeu en semifinais ante Murcia (6-0), subcampioa da cita, tras sucumbir a Cataluña (5-4). A punto de vivir a ilusionante experiencia do Nacional de Seleccións Autónomas están os cadetes burelistas Aarón Fernández e Mamadou Diouf, coas últimas sesións programadas para o xoves 3 e o luns 7, e o infantil Luismi Nieto, que adestrará o venres 4. A localidade cidaderrealeña de Almagro acollerá o campionato de ambas as categorías entre o 11 e o 13 de abril. 


 


TODOS OS RESULTADOS DA FIN DE SEMANA LARANXA:


 


Fase final comarcal de Deporte Escolar


Burela FS Cadete A 2-3 Colexio do Pilar Cadete


ED Burela FS Infantil A 7-1 EDM Barreiros Infantil


ED Burela FS Infantil B 0-9 ED Lourenzá Mondoñedo Infantil


FINAL: ED Lourenzá Mondoñedo Infantil 3-0 ED Burela FS Infantil A


 


Liga Provincial Xuvenil


Burela FS 5-1 Cidade de Lugo A


 


Liga Autonómica Cadete


Burela FS 5-4 Concello de Guitiriz


Peña Españolista Sarria 2-10 Burela FS


 


Liga Autonómica Infantil


Peña Españolista Sarria 1-6 ED Burela FS


 


Liga Prebenxamín da Mariña


EDM Cervo 5-7 ED Burela FS (Prebenxamín 1)


ED Burela FS 7-3 ACD Xove (Prebenxamín 2)


 


Amigables


Burela FS Infantil C 7-3 Burela FS Cadete B

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores