Noticias
2 de abril de 2014
Cultura oriental nas filas laranxas
Foto: Héctor Manasé Foto: Héctor Manasé

O CD Burela FS Pescados Rubén recibiu o luns a Shunya Kamifukumoto, xogador xaponés, que recalou na Mariña para adestrar co equipo de Primeira División LNFS e aprender sobre a cultura española do fútbol sala e a dinámica de traballo da estrutura laranxa.


Shunya Kamifukumoto, ala-pivote de 27 anos que ostenta o brazalete de capitán do Fuchu Athletic da F. Ligue, liga nacional xaponesa, coñeceu onte en Vista Alegre os seus novos compañeiros e xa compartiu unha dobre sesión. Ao longo dun mes, o xogador convivirá co cadro burelista no día a día da preparación da escuadra de Juanlu.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores