Noticias
3 de abril de 2014
Dobre brillo laranxa na final da Copa Galicia

O Burela FS Pescados Rubén xa é finalista da XXIII Copa Galicia, grazas ao 2-4 de onte nos Os Remedios ante o Cidade das Burgas, con hattrick da capitá, Lidia Mesías. Deste xeito, as pupilas de Quico Otero suman a súa clasificación á do cadro de Juanlu, que se impuxo en semifinais ao actual campión, Azkar Lugo (1-0).


As burelistas tiveron que remar contra un electrónico adverso. O Cidade das Burgas conseguiu adiantarse, xa no minuto 6, de Sonia. No entanto, co paso dos minutos, Lidia puido devolver as táboas, no 17, para chegar ao descanso con 1-1.


A intensidade das da Mariña axiña lles trouxo boas novas. Bea Mateos ampliou distancias no minuto 22 e Lidia subiu o 1-3 no 25. A falta de oito minutos para o final, as locais optaron pola saída da porteira xogadora e enseguida obtiveron resultados; Figo anotou o 2-3 (minuto 32). O Cidade dispuxo de boas ocasións ante a férrea defensa laranxa, coa sentenza de Lidia no 36, co 2-4 definitivo.



A Malata


O pavillón ferrolán da Malata acollerá a final da XXIII Copa Galicia o xoves 1 de maio, baixo a organización do Comarcal A Fervenza FSF, da Segunda División. Ás 17.00 horas disputarase a cita feminina entre o Ponte Ourense e burelistas e ás 19.00 horas saltarán á pista os laranxas para medir as súas forzas ao Santiago Futsal. A cita futbolística contará ademais cun heteroxéneo programa de actividades complementarias.


 


Ficha técnica


Cidade das Burgas: Ana, Sonia, Nerea, María Arias, Vanessa -cinco inicial- Candela, Natalia, María Romero, Figo, Peke, Iria, Elena.


Burela FS Pescados Rubén: Patri, Peque, Bea Mateos, Lidia, Claudia -cinco inicial- Lara, Daniela, Maite.


Goles: 1-0, m.6, Sonia; 1-1, m.17, Lidia; 1-2, m.22, Bea Mateos; 1-3, m.25, Lidia; 2-3, m.32, Figo; 2-4, m.36, Lidia.


Árbitros: Andrés García // Javier Arca


Tarxetas: Amarelas a Nerea, Iria, Sonia, de Cidade

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores