Noticias
4 de abril de 2014
Maratón Laranxa, co apoio dos escolares da Mariña
Alumnado do CEIP Alfoz

Vista Alegre gozará mañá dun maratón laranxa en estado puro cunha presenza moi especial dende a bancada. Escolares dos CEIP de Alfoz e Fondo Nois, ademais de alumnado da EDM Cervo, animarán o Burela FS Pescados Rubén nos seus compromisos ligueiros con Móstoles FSF (Primeira RFEF 16.00 horas) e Jaén Paraíso Interior (Primeira LNFS 18.30 horas).


A bomboneira tamén contará con outros espectadores de luxo, o combinado nacional de fútbol sala do Xapón, dirixida polo técnico español Miguel Rodrigo. O seleccionador nipón participará pola mañá no IV Encontro do Deporte Base na Mariña (Vista Alegre, 13.15 horas), baixo a organización da Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña; baixo o título ‘Exercicios para a asimilación do xogo con pivote’ dirixirá unha sesión práctica destinada aos xogadores da Selección da Mariña FS Cadete, así como a todo o profesorado de base da bisbarra interesado.


Descubre o fútbol sala!


Dentro do seu programa de promoción do fútbol sala, o colexio de Alfoz recibiu o luns pasado a visita do club laranxa, coa representación do técnico de Terceira División, Iván Cao ‘Lucas’, e os xogadores Iago Míguez, Juanma e Mimi. O CEIP Juan Rey de Lourenzá tamén gozou o mércores do deporte coa filosofía burelista; o alumnado de 5º e 6º de Primaria compartiron adestramentos cos técnicos da base Christian e Brenan e os xogadores/as da elite Carlitos, Claudia e Daniela.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores