Noticias
4 de abril de 2014
Bueu, destino dos burelistas na pelexa polo título de Terceira

O Burela FS Pescados Rubén B desprazarase mañá á pista do ADFS Bueu (16.45 horas) na intensa pelexa polo título de Terceira División. A tan só tres xornadas para o seu peche, o cadro de Iván Cao, ‘Lucas’, ocupa a segunda praza con 44 puntos, empatado con Leis Pontevedra FS e A Estrada FS, pisando os talóns ao Pazos de Borbén (45 puntos); Santiago Futsal e Coruxo son quinto e sexto, respectivamente, con 43.


Tras o descanso competitivo, os burelistas viaxan con motivación dobre, para seguir gozando da apertada loita polo título, pero tamén para desquitarse da mala imaxe ofrecida na primeira volta, con resultado desfavorable de 3-4. “Temos tres partidos por diante con moita ilusión de pelexar ata o final” puntualizaba Lucas. Enfronte terán a un rival que ocupa a novena praza (30 puntos).


Xunto á baixa xa coñecida de Bruno de Nois, por lesión, o Burela FS tampouco poderá dispoñer de Hélder, que cumprirá o partido de suspensión imposto tras o último encontro. Como boa nova, Carlitos, habitual dos compromisos de Primeira División, poderá disputar este compromiso. Antón Couto, ausente nas últimas semanas por unha recaída da súa lesión da clavícula, tamén volverá á convocatoria, aínda que será dúbida ata última hora.


 


Últimos rivais


O cadro mariñán despedirá a liga na pista do actual líder, Pazos de Borbén, o 26 de abril; na penúltima xornada, o día 12, recibirá O Carballiño (oitavo) en Vista Alegre.



Outros encontros da xornada


Pazos de Borbén (1º)-Troula FS (7º, 35 puntos)
Ribeira FS (10º, 30 puntos)-A Estrada FS (3º, 44)
Coruxo (6º, 43 puntos)-Leis Pontevedra (4º, 44)
O Carballiño (8º, 35 puntos)-Santiago Futsal (5º, 43 puntos)


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores