Noticias
7 de abril de 2014
Proba superada e recta final na loita polo título
O Burela Pescados Rubén B superou a proba de Bueu onde venceu por 5-8 nun choque con alternativas, intensidade e emoción ata o final. Os pupilos de Lucas lograron liquidar un choque no que tras un mal arranque remontaron nunha segunda parte de toma e daca contínuo, cun hat trick de Carlos. Xoel aumentou a renda laranxa pero o Bueu reaccionou para situarse por diante (5-4) a sete do final. Un novo tanto de Carlos, o cuarto na súa conta particular, igualou de novo o encontro e Manu certificou a remontada con dúas tantos máis no sprint final, Antón redondeou a vitoria (5-8) da escuadra mariñá que suma tres puntos vitais na súa loita polo título de campión de Terceira División. Recta final. A falta de 2 xornadas para o final da competición Pazos de Borbén lidera a clasificación con 48 puntos, A Estrada, Burela Pescados Rubén B e Leis Pontevedra ocupan a segunda, terceira e cuarta posición respectivamente con 47 puntos. O quinteto de candidatos ao título complétao o Santiago Futsal B con 46 puntos. Próxima xornada. Na próxima xornada, penúltima, o Burela Pescados Rubén B recibe ao Carballiño, sábado día 12, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela. Bueu: Hugo, Esteban, Congui, Toño, Roma ?cinco inicial- Rodrigo, Samuel, Adrián. Burela Pescados Rubén: Brais, Keko, Manu, Antón, Alemán ? Carlos, Pancho, Xoel, Javi. Goles: 1-0, m.2, Esteban; 2-0, m.3, Adrián; 2-1, m.9, Carlos; 2-2, m.24, Carlos; 2-3, m.25, Carlos; 2-4, m.26, Xoel; 3-4, m.27, Roma, 4-4, m.30, Roma; 5-4, m.33, Congui (dp); 5-5, m.34, Carlos; 5-6, m.37, Manu; 5-7, m.39, Manu (dp); 5-8, m.39, Antón.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores