Noticias
9 de abril de 2014
O Burela FS recibe a Selección de Vietnam en amigables solidario (martes 15, 20.30 horas)

O Burela FS Pescados Rubén recibirá en Semana Santa a Selección de Vietnam, dirixida polo técnico galego Bruno García, nun amigable solidario, o martes 15 de abril, ás 20.30 horas, en Vista Alegre. A entidade laranxa habilitará unha Fila 0 para a ocasión; parte da recadación destinarase á Asociación Camiña e á Fundación Eu Son de Burela. O prezo da entrada para adult@s será de 5 euros e os menores de 18 anos terán acceso gratuíto; tamén se habilitarán huchas solidarias no pavillón.



Xunto ao presidente burelista, Manuel Blanco, o compromiso amigable foi presentado esta mañá, na sede do club mariñán, pola directora da Fundación Eu Son, Noelia Eijo; o presidente da Asociación Camiña, Silvino Oroza; e a concelleira de Asuntos Sociais de Burela, Diana Durán, representando o padroado de Eu Son.



Aquelas persoas que non poidan asistir á cita tamén poderán colaborar cos devanditos colectivos facendo as súas doazóns en:



Asociación Camiña: 2100-2460-80-0200084741 (La Caixa)
Fundación Eu Son: 2091-0109-83-3040018867 (NovaGalicia Banco)

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores