Noticias
12 de abril de 2014
O Inter non permitiu a sorpresa laranxa
Espectáculo en Energy TV co encontro protagonizado polo Inter Movistar e Burela Pescados Rubén. Os mariñans acudían ao Caja Madrid coa intención de repetir a sorpresa coma no feudo de ElPozo. Nesta ocasión non puido ser, o Inter mantén a súa poderosa marcha como líder e a máquina verde non permitiu a sorpresa derrotando (5-1) a un Burela atrevido e valente que competiu a gran nivel, pero Ricardinho vai de verde.
Fotografía: Prensa Inter Movistar
O Inter arrincou o choque con ritmo e intensidade para evitar calquera susto inicial e aínda que Álex evitou as primeiras embestidas nada puido facer ante o golazo conseguido por Cardinal (1-0) que tras virarse enviou o balón á escuadra burelesa. Sen baixar o pistón, os madrileños continuaron co seu asedio ante un Burela que tiña en Álex ao seu mellor baluarte ata o momento. O Inter aumentou a súa renda por mediación de Tobe nunha acción colectiva (2-0) pero o Burela Pescados Rubén conseguiu reaccionar.

Os laranxas comezaron a xerar ocasións e perigo constante na meta defendida por Jesús Herrero, o meta interista evitou que a reacción galega tivese incidencia no marcador. Co 2-0 chegouse ao intermedio e na continuación os pupilos de Juanlu Alonso apoderáronse da iniciativa no xogo e gozaron de ata tres claras oportunidades antes do gol conseguido por Matamoros (2-1), minuto 24.

O duelo transcorría nun precioso intercambio de golpes e recursos por ambas escuadras do que finalmente sacaron rendemento os madrileños. Entre Ricardinho, como creador, e Rivillos, de goleador, dinamitaron o choque situando ao seu equipo con 4-1, minuto 31. Tras intentar meterse de novo no encontro os bureleses tiveron que renderse ante o potencial do Inter Movistar, Rafael redondeou a vitoria do líder establecendo o 5-1 final.

Ficha técnica
Inter Movistar: Jesús Herrrero, Murga, Pola, Ricardinho, Cardinal-cinco inicial- Tobe, Rafael, Rivillos, Batería, Borja, Nano Modrego.

Burela Pescados Rubén: Álex, Mimi, Isi, David, Matamoros –cinco inicial- Iago Míguez, Hugo, Carlitos, Antoñito, Juanma.

Goles: 1-0, m.3, Cardinal; 2-0, m.8, Tobe; 2-1, m.24, Matamoros; 3-1, m.30, Rivillos; 4-1, m.31, Rivillos; 5-1, m.35, Rafael.

Árbitros: Díaz Rodriguez e García Hernández. Amosaron cartón amarelo a Batería no Inter; a Mimi e David no Burela.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores