Noticias
14 de abril de 2014
Vitoria ante O Carballiño e último envite para coñecer ao campión

O Burela B Pescados Rubén vence ao Carballiño FS por 5-4 nun partido que dominou con claridade durante o primeiro, na segunda os mariñaos baixaron a intensidade aínda que nunca viron perigar o resultado. Con esta vitoria os pupilos de Lucas suman 50 puntos e mantéñense no alto de clasificación de Terceira División, empatado coa Estrada e Leis Pontevedra.


O campión sairá da próxima e última xornada, loita na que tamén están implicados o Santiago Futsal B e Pazos de Borbén, rival do conxunto burelés. O choque entre Pazos de Borbén e Burela B Pescados Rubén dispútase o sábado día 26, no feudo dos pontevedreses ás 18.00 horas, horario unificado.


Ficha técnica.


Burela B Pescados Rubén: Brais, Keko, Manu, Antón Glez, Alemán -cinco inicial- Helder, Pancho, Xoel, Aitor, Javi.


O Carballiño: Fabián, Raúl, David, Óscar, Gil -cinco inicial- Aitor, Javier, Jorge, Alejandro.


Goles: 0-1, m.2, Raúl; 1-1, m.12, Helder; 2-1, m.16, Helder; 3-1, m.17, Xoel; 4-1, m.19, Antón Glez; 4-2, m.23, Óscar; 4-3, m.28, David; 5-3, m.34, Antón Glez; 5-4, m.40, Javier.


Árbitros: Naray Álvarez, Menéndez Nistal. Viveiro.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores