Noticias
14 de abril de 2014
Aarón, Mamadou e Luismi campións de España con Galicia
Noraboa aos canteiráns do Burela Pescados Rubén; Aarón, Mamadou e Luismi que se proclamaron Campións de España coa selección galega no Campionato de España celebrado en Almagro (Cidade Real) este fin de semana, organizado pola Confederación Nacional de Fútbol Sala. Os cadetes Aarón e Mamadou conquistaron o campionato tras impoñerse Galicia ás seleccións de Andalucía (4-1), Valencia (8-0) e Estremadura (3-0). En categoría infantil, Luismi alcanzou o título de campión tras vencer Galicia con autoridade a Valencia (12-2) e Estremadura (13-0), no duelo decisivo a escuadra galega derrotou a Andalucía (4-2) demostrando unha vez máis o poderío da canteira galaica.
Documentos relacionados:
23 KB
Campeonato de España Almagro 2014
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores