Noticias
15 de abril de 2014
Unha visita moi especial

O gardameta infantil Noé Cabana recibiu unha visita moi especial na súa convalecencia. Despois de ser intervido do menisco por unha lesión durante unha concentración coa Selección Galega no Campionato de España, o porteiro de Primeira LNFS Edu quixo pasarse para ver como se atopaba o mozo deportista e interesarse pola súa evolución; xunto a Noé tamén estiveron os compañeiros de equipo para amosarlle o seu apoio.



A familia laranxa deséxache unha rápida recuperación. Esperámoste axiña de volta nas pistas! Ánimo!

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores