Noticias
24 de abril de 2014
O Burela B visita ao Pazos coa Liga en xogo
O Burela B Pescados Rubén pecha a competición de Terceira División con opcións ao título de campión aínda que dependerá doutros resultados. A falta da última xornada que se disputa o sábado 26 de abril, con horario unificado ás 18.00 horas, 5 equipos contan con opcións de alzarse co campionato; A Estrada (50 puntos), Burela B (50 puntos), Leis (50 puntos), Santiago B (49 puntos) e Pazos de Borbén (48 puntos). Precisamente os bureleses visitan a cancha do Pazos de Borbén co obxectivo de lograr a vitoria e esperar acontecementos.

Pase o que pase, o conxunto dirixido por Iván Cao “Lucas” realizou unha excelente competición e o seu técnico amosouse “moi orgulloso do que fixemos esta tempada, os xogadores competiron moi ben. Aínda que dependemos de terceiros para conquistar a Liga, afrontaremos o encontro en Borbén co obxectivo de lograr o triunfo”. Do Pazos de Borbén destacou que é un conxunto “moi correoso que realizan un xogo moi vertical e teñen gran capacidade goleadora”. O técnico laranxa non poderá contar para este encontro con Bruno, Antón Couto e Pancho mentres que Aitor será dúbida.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores