Noticias
24 de abril de 2014
Cita histórica en Santa Coloma
Cita coa historia para o Burela Pescados Rubén que se xoga o pase ao Play Off polo título de Liga ante o Marfil Santa Coloma. Día: venres 25 Hora: 21.00 Lugar: Santa Coloma de Gramanet Pavillón: Municipal Jacint Verdaguer.
Na partida decisiva, a escuadra mariñá afronta o envite con bos triunfos na súa man; sen depender de terceiros e con sensacións positivas ante un Marfil Santa Coloma, cuarto clasificado, e sen obrigacións en xogo. Malia iso, Juanlu Alonso indicou que “non caeremos no erro de pecar de exceso de confianza pola súa situación nin estar pendentes doutros resultados. Dependemos de nós mesmos e imos coa única idea de gañar o encontro sen entrar en especulacións”.

O conxunto mariñán chega a esta cita histórica con “moita motivación e mentalizados para realizar o partido que nos interesa ante un rival atrevido e que xoga ao ataque” aínda que a lesión de Dani Salgado mermou o seu potencial ofensivo “lograron sobrepoñerse á súa ausencia e será un choque complicado pero que confiamos en gañar”.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores