Noticias
29 de abril de 2014
Marea laranxa en Galicia
O Club Deportivo Burela Fútbol Sala Pescados Rubén, único club en España con equipo masculino e feminino en Primeira División de Fútbol Sala, afronta a recta final da tempada coa ilusión de completar unha tempada para o recordo.
O equipo masculino, dirixido por Juanlu Alonso, logrou unha clasificación histórica para o Play Off polo título de Primeira División e o equipo feminino, guiado por Quico Otero, segue loitando a catro xornadas para o final por revalidar o título de campión.

Antes de continuar coa competición liguera, ambos equipos preparan a conquista da Copa Xunta 2014. O reinado en Galicia dirimese no pavillón A Malata de Ferrol o próximo día 1 de maio; en categoría feminina o Burela Pescados Rubén enfróntase ao Ponte Ourense, 17.00 horas, mentres que en categoría masculina os bureleses terán como rival ao Santiago Futsal, o trono comeza a poñerse en xogo ás 19.00 horas.

Subcampións de Terceira División. Moi preto de saborear o título liguero quedou o Burela B Pescados Rubén. Os pupilos de Iván Cao “Lucas” na súa segunda tempada en Terceira División realizaron unha excelente competición. As promesas laranxas disputaron o título liguero ata a última xornada na que venceron (3-5) ao Pazos de Borbén pero o triunfo do Leis proclamou aos pontevedreses campións de Liga, cos mesmos puntos (53) que a escuadra burelesa.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores