Noticias
1 de maio de 2014
Campionas da Copa Galicia 2014
O Burela Pescados Rubén conquista a Copa Galicia 2014 ao vencer ao Ponte Ourense (4-1) nunha final na que demostrou ser mellor que o conxunto ourensán.
Fotografía: Adán Puentes
A final comezou coas lóxicas precaucións de ambos conxuntos e en términos de igualdade. Sen demasiadas concesións ofensivas o encontro era un pulso no que as mellores oportunidades tiñan cor laranxa aínda que as ourensás golpearon xusto antes do descanso. A un segundo para o intermedio, Laura adiantou ao Ponte Ourense ao transformar un doblepenalti.

Tralo paso por vestuarios, o choque comezou cunha clara ocasión ourensá que deu paso á reacción mariñana.A escuadra dirixida por Quico Otero apertou as tuercas e empezou a xerar ocasións ante un conxunto ourensán que buscaba o contragolpe para aumentar a renda pero foi o Burela quen empató a contenda. Cun toque sutil, Bea Mateos bateu a Vanesa e minutos despois Peque tirou de picardía para remontar (2-1). Nunha falta ao bordo do área, a xogadora burelesa sorprendeu a Vanesa aproveitando o movemento da barreira.

Con 2-1 no marcador, as mariñanas incrementaron o seu dominio en busca do terceiro, evitando a reacción ourensá. Vanesa impediu en varias ocasións o tanto laranxa e Patri tamén respondeu con acerto ante as acometidas do Ponte. Nunha contra, Lara aumentou a vantaxe burelesa (3-1) que deu paso ao xogo de cinco nas ourensás pero sen éxito. Lidia redondeou a superioridade mariñana co 4-1 final que desatou a ledicia na grada laranxa.


Ficha técnica

Burela Pescados Rubén: Patri, Claudia, Peque, Daniela, Bea Mateos-cinco inicial- Maite, Lidia, Lara.

Ponte Ourense FSF: Vane, Drica, Marta, Souza, Bea Seijas-cinco inicial- Rosangela, Laura, Anita.

Goles: 0-1, m.20, Laura; 1-1, m.28, Bea Mateos; 2-1, m.31, Peque; 3-1, m.36, Lara; 4-1, m.38, Lidia.

Árbitros: Pablo Fernández de Lugo. Enrique Novoa de Ourense. Cartón amarelo a Anita do Ponte Ourense.

Incidencias: Final de la Copa Galicia 2014 disputada no pavillón de A Malata de Ferrol. Máis de 1.500 espectadores con numerosa presencias de afeccionados laranxas.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores