Noticias
5 de maio de 2014
Play Off polo título, España Sub21 e Copa de España 2014
Burela e Fútbol Sala, unha relación que continúa xerando eventos deportivos de máximo nivel. Na recta final da tempada, o Burela Pescados Rubén encara diversos frontes para ofrecer unha carta de categoría aos afeccionados ao Fútbol Sala; Play Off polo título da Liga Nacional de Fútbol Sala, amigable entre as seleccións sub-21 de España e Portugal e coa confirmación oficial da organización da Copa de España Feminina 2014.
Play Off polo título. O Burela Pescados Rubén xoga o seu primeiro Play Off polo título de Liga o sábado día 10 de maio, ás 13.00 horas, en Vista Alegre coas cámaras de Energy TV como testemuña. O rival; un grande do fútbol sala, ElPozo Murcia. A partir do martes día 6, poderanse adquirir as entradas na oficina do club; Avda. Arcadio Pardiñas 97, baixo.

Prezo entradas Play Off LNFS

Soci@adulto: 5 euros
Non soci@adulto: 15 euros
Soci@ menor de 18 anos: 3 euros
Non soci@ menor de 18 anos: 5 euros


Amigable Sub 21. As seleccións de España e Portugal disputarán un encontro amigable en Vista Alegre o luns día 12 de maio, ás 20.30 horas. A venda de entradas realizarase únicamente en taquilla.

Soci@adulto: 5 euros
Non soci@adulto: 8 euros
Soci@ menor de 18 anos: 2 euros
Non soci@ menor de 18 anos: 5 euros


Copa de España 2014. Burela acollerá de novo a Copa de España de fútbol sala feminino, o club burelés xa organizou a edición de 2011 e repite esta tempada co obxectivo de defender o título de campión conquistado en Bilbao en 2013. A Copa de España disputarase en Vista Alegre os días 7 e 8 de xuño. Os catro primeiros clasificados da Liga serán os protagonistas desta nova edición. Atlético de Madrid, Burela Pescados Rubén e Alcorcón FSF teñen a praza garantizada mentres que Roldán e Alacante dispútanse a cuarta posición.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores