Noticias
5 de maio de 2014
Espírito laranxa nas aulas
O Burela Pescados Rubén achegou aos colexios de O Cantel (Foz) e Ceip Covas (Viveiro) o espírito laranxa coa visita dos seus xogadores e xogadoras que fixeron as delicias dos máis pequenos. En Foz; Matamoros, Hugo e Maite acompañados dos técnicos de base, Christian Gómez e Javier Rodríguez compartiron xogos e experiencias cos alumnos de 5º e 6º de Primaria do mesmo xeito que na visita ao Ceip Covas. Nesta ocasión os protagonistas laranxas foron Christian, Edu e Cristina que contaron co apoio de Alfonso Mera, preparador físico do equipo masculino, e Carlos Gonçalves, técnico de base da entidade burelesa.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores