Noticias
10 de maio de 2014
O Burela cae ante un poderoso ElPozo Murcia
A estrea de Vista Alegre nun Play Off polo título non foi a desexada para o Burela Pescados Rubén que caeu ante o poderoso ElPozo Murcia por 3-8. Con esta vitoria os murcianos adiántanse (1-0) na serie de cuartos de final, o segundo choque dispútase no Palacio dos Deportes de Murcia o vindeiro venres 16, ás 21.00 horas.
Fotografía: A Caixa Escura Fotografía: La Voz de Galicia
Desde o inicio o duelo foi un ida e volta constante no que os murcianos sacaron maior rentabilidade. Bebe, nunha acción de estratexia, e Raúl Campos tras roubar en media pista e bater a Álex no man a man abriron unha brecha (0-2) que condicionou o encontro. O golpe murciano tivo resposta laranxa, Fabio evitou o primeiro intento pero noutra volea Matamoros marcou un golazo para recortar distancias (1-2) aínda que Adri volveu golpear a moral burelesa. Nunha falta ao bordo do área, tras pisar Kike, o xogador galego enviou un zurdazo inapelable á escuadra (1-3). Tras superar o ecuador do primeiro periodo e con esta renda os murcianos buscaron enfriar o partido que entrou nunha fase mais anodina.

O Burela Pescados Rubén buscaba as súas opcións para meterse no choque e nun arranque de Mimi por banda dereita Juanma cazou o balón ao segundo pau e marcou o 2-3. O ritmo volveu incrementarse na pista pero no intercambio de ocasións os mariñáns saíron danados. Fabio evitou o empate a disparo de Isi e a continuación unha xenialidade de Grello supuxo o 2-4, cortando de novo a reacción do Burela Pescados Rubén que, co cupo de faltas cuberto, apostou por Burrito como porteiro xogador e tivo as súas opcións. Unha vez máis, a definición pimentoneira marcou a diferenza xa que José Ruiz aproveitou un balón solto para marcar desde a súa pista o 2-5 co que se chegou ao descanso.

Na continuación, no primeiro minuto Franklin minou a moral mariñá marcando o 2-6 e deixando practicamente sentenciado o partido. O Burela Pescados Rubén perseverou no seu intento pero ElPozo xa manexaba o tempo do choque con tranquilidade. Matamoros fixo o 3-6 e como en anteriores ocasións, resposta inmediata visitante co tanto de Raúl Campos (3-7). No último minuto Grello redondeou a vitoria murciana (3-8).

Ficha técnica

Burela Pescados Rubén: Álex, Antoñito, Iago Míguez, Isi, Juanma –cinco inicial – Matamoros, Mimi, Burrito, Hugo, Christian, Carlitos.

ElPozo Murcia: Fabio, José Ruiz, Grello, Franklin, Eka –cinco inicial- Adri, Raúl Campos, Kike, Bebe, Juampi, Jesús, Fernan.

Goles: 0-1, m.5, Bebe; 0-2, m.6, Raúl Campos; 1-2, m.7, Matamoros; 1-3, m. 9, Adri; 2-3, m. 17, Juanma; 2-4, m.17, Grello; 2-5, m.20, José Ruiz; 2-6, m.21, Franklin; 3-6, m.26, Matamoros; 3-7, m.26, Raúl Campos; 3-8, m.40, Grello.

Árbitros: Gallo Suárez e Velasco Martínez de Asturias. Cartón amarelo no ElPozo Murcia a Grello (m.3), Adri (m.11), Eka (m.15), Jesús (m.32). Polo Burela Pescados Rubén a Burrito (m.14), Mimi (m.24), Alex (m.33) e expulsaron a Hugo por doble cartón amarelo (m.17 y m.35).

Incidencias: Primeiro partido de cuartos de final Play Off Título de Liga. Disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 1100 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria dos rapaces finados no tráxico accidente en terras extremeñas e que pertencían ao CD Monterrubio de Fútbol Sala. Antes do inicio, o equipo feminino do Burela Pescados Rubén ofreceu a Copa Galicia 2014 conquistada en Ferrol a afección laranxa.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores