Noticias
12 de maio de 2014
España golea a Portugal en Vista Alegre
España impúxose con autoridade a Portugal (8-2) no encontro amigable Sub21 disputado en Vista Alegre. A selección dirixida por Fede Vidal marcou o ritmo do encontro desde o principio e impuxo o seu dinamismo e creatividade ante unha Portugal obrigada a defenderse.
Fotografía: A Caixa Escura Fotografía: A Caixa Escura Fotografía: A Caixa Escura
Pronto abriu España o marcador, Rubén culminou unha xogada de estratexia (1-0) pero os portugueses contestaron cun rápido contragolpe para igualar a contenda. O empate luso foi un espellismo e as revolucións da vermella comezaron a incrementarse para chegar ao descanso cunha cómoda renda (4-1) mercé aos tantos de Alex Diz, David Pazos e Eloy.

No segundo capítulo, o protagonismo continuou sendo para España que marcou territorio nada máis empezar. Alex Diz volveu marcar (5-1) e deixou tocada a nave lusitana que intentou rexurdir co gol de Fabio (5-2). A calidade española emerxeu novamente para afundir definitivamente ao combinado portugués e Catela sacou a relucir, por partida dobre, a súa pegada para situar o 7-2 que acabou redondeando Fernan co definitivo 8-2 que plasmou a superioridade de España.


Ficha técnica

España: Asier, Adolfo, Rubén, Fernan, David Pazos- cinco inicial- Adrián, Alex Diz, Selside, Ferrán, Alejandro, Catela, Eloy, Diego Nuñez, Miguel.

Portugal: Bruno, Tiago Cruz, André Coello, Miguel Angelo, Dionisio -cinco inicial- Monteiro, Fabio, Joao Gomes, Bruno Pinto, Erick, Rui Vaz, Joao Marques, Rui Castelhano, Marafona.

Goles: 1-0, m. 2, Rubén; 1-1, m.7, Bruno; 2-1, m.9, Alex Diz; 3-1, m. 11, David Pazos; 4-1, m.19, Eloy; 5-1, m.21, Alex Diz; 5-2, m.29, Fabio Cecilio; 6-2, m.31, Catela; 7-2, m.31, Catela; 8-2; m.38, Fernan.

Árbitros: Álvaro Cid Bragado, Carlos Martínez Torres, colexio galego.


Incidencias: Partido amigable entre as seleccións Sub21 de España e Portugal, disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. Presenciaron o encontro no palco de Vista Alegre; o responsable de seleccións de Fútbol Sala da RFEF, D. Laurentzi Gana; o Presidente da Federación Galega de Fútbol, D. José Liñares; o Seleccionador Absoluto de España, D.José Venancio López; o delegado de la selección española, D. Juan Carreras; o Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, D.Ángel Antonio Fernández Lendoiro; o responsable de Fútbol Sala da Federación Portuguesa, D. Pedro Dias; o seleccionador absoluto de Portugal, D. Jorge Braz; o Presidente do Comité Técnico de Arbitros, D. Jacinto Artigas; o Presidente do CD Burela Pescados Rubén, D. Manuel Blanco; o Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, D. Manuel Otero; o deputado provincial de Lugo, D. Alfredo Llano.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores