Noticias
15 de maio de 2014
Desafío histórico en Palacio
Tempada histórica. Guiados por Juanlu Alonso, que tras salvar ao equipo do descenso na tempada anterior, logrou na actual a primeira clasificación da historia do club burelés para o Play Off polo título de Liga de Primeira División. A escuadra laranxa que cumpre a súa segunda tempada na máxima categoría, acadou o pase ao Play Off tras unha brillante segunda volta na que foi o cuarto mellor equipo da competición.
Fotografía: A Caixa Escura Fotografía: A Caixa Escura
O Burela Pescados Rubén disputa o segundo encontro de cuartos de final Play Off polo título de Liga de Primeira División o venres 16, 21.00 horas, no Palacio dos Deportes de Murcia. ElPozo Murcia ten a eliminatoria ao seu favor (1-0) trala vitoria lograda en Vista Alegre e conta con dúas oportunidades como local para conseguir o pase a semifinais. Malia todo, o Burela Pescados Rubén pelexará por levar a eliminatoria a un terceiro encontro que se disputaría o domingo 18, 12.00 horas.

O duelo ante os murcianos preséntase como un desafío de envergadura. Remontar a eliminatoria ante un dos grandes do Fútbol Sala que ademais converteu o Palacio dos Deportes nun auténtico fortín inexpugnable..... case inexpugnable... porque hai un equipo que logrou bater aos murcianos na súa casa e non é outro que o Burela Pescados Rubén. Os pupilos de Juanlu derrotaron a ElPozo Murcia durante a Liga Regular (3-4) sendo o único conxunto que o conseguiu.

¿O desafío é complicado? Si. ¿Imposible? Si o consigues unha vez, é que podes repetilo. Para reeditar a xesta, o técnico burelés manifestou que “somos conscientes da dificultade pero imos competir e con ánimos de revancha. Para iso debemos mellorar en todo respecto ao encontro en Vista Alegre, pero especialmente en defensa. A través do aspecto defensivo debemos comezar a fundamentar nosas opcións ofensivas e ser efectivos para ter opcións de vitoria e chegar ao terceiro partido”.

CONVOCATORIAS
Burela Pescados Rubén: Edu, Brais, Isi, Christian, Antoñito, Burrito, Matamoros, Álex, Mimi, Carlitos, Iago Míguez e Juanma.
Baixas: Hugo. O xogador laranxa desprazouse coa expedición pero tras resentirse do menisco do xeonllo dereito non poderá estar a disposición do equipo.

ElPozo Murcia: Fernan, José Ruiz, Juampi, Jesús, Bebe, Fabio, Kike, Adri, Raúl Campos, Eka, Gréllo, Franklin, Rafa e Saura
Baixas: Álex e Miguelín.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores