Noticias
16 de maio de 2014
España gaña e convence en Galicia
O paso da selección española Sub 21 por Galicia amosou que o futuro de combinado nacional está asegurado cunha xeración de deportistas que prometen e, en moitos casos, xa son unha realidade. España, dirixida por Fede Vidal, gañou no dobre duelo ibérico a Portugal sendo moi superior en Burela (8-2) , luns 12, e vencendo sobre a bocina (2-1) en Cerceda, martes 13, cunha xogada de estratexia perfectamente executada.
Nun restaurante do Concello coruñés de Cerceda celebrouse a comida oficial de autoridades na que o Burela Pescados Rubén estivo representada por Rubén Blanco Fernández, directivo do club e fundador de Pescados Rubén que recibiu o recoñecemento unánime polo seu apoio fundamental ao Fútbol Sala a través do patrocinio do CD Burela FS Pescados Rubén por parte das autoridades presentes, entre outras; o Presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala, D. Antonio Escribano, o máximo responsable das Seleccións Nacionais da RFEF, D. Laurentzi Gana; o responsable de Fútbol Sala da Federación de Portugal; D. Pedro Dias; o Presidente da Federación Galega de Fútbol; D. José Liñares que tamén exerceu como anfitrión en calidade de Alcalde de Cerceda, estando representado tamén o Concello de Burela por D. José María González Barcia, alcalde da localidade mariñá que acolleu o primeiro duelo hispano-luso.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores