Noticias
16 de maio de 2014
Burela Pescados Rubén vs Gironella en Vista Alegre,16.15 horas
Antepenúltimo asalto pola Liga de Primeira División na que o Burela Pescados Rubén e Atlético de Madrid loitan pola coroa. Aínda que o Atlético, líder, ten unha vantaxe de 5 puntos respecto de as mariñáns, cada xornada conta e o deporte sempre pode deparar sorpresas.
O Burela Pescados Rubén defenderá ata o final o seu cetro e afronta cada partido co seu característico espírito competitivo para presionar ás colchoneiras que se miden a un perigoso Ponte Ourense nesta xornada. Pola súa banda, o Burela Pescados Rubén enfróntase en Vista Alegre ao Gironella, oitavo clasificado, o sábado 17 a partir das 16.15 horas.

O técnico burelés, Quico Otero, incide na idea de manter a competitividad e a tensión do equipo “aínda que esteamos en desventaja respecto ao líder e sabemos que é difícil que pinche todo o que nós necesitamos imos disputar cada punto que hai xogo”.

Respecto ao Gironella destacou “o seu balance positivo como equipo visitante. É un equipo correoso que conta con xogadoras desequilibrantes e que chegan a este partido sen presión de ningún tipo”. Para este encontro segue sendo baixa Jozi, debido a unha rotura fibrilar.

Homenaxe campións. No descanso do choque homenaxearase a tres equipos das categorías de base do Burela Pescados Rubén: ao xuvenil e o infantil A como campións de Lugo, e ao alevín que conseguiu o subcampeonato provincial.

Terceira División. O equipo filial do Burela Pescados Rubén inicia a Copa de Terceira División ante o Sala 5 Coruña FS. O duelo ante os herculinos dispútasenunha eliminatoria directa que ten como escenario do primeiro capítulo a Vista Alegre. O partido comeza as 18.30 horas, sábado 17 de maio.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores