Noticias
19 de maio de 2014
Fútbol Sala nas aulas da Mariña
O Burela Pescados Rubén continúa co seu programa de visitas aos centros educativos para achegar un pouco máis o espírito laranxa aos escolares mariñaos. Entre outros centros, os xogadores e xogadoras da entidade laranxa visitaron o Ceip Vista Alegre de Burela onde compartiron experiencias e realizaron sesións de adestramento cos alumnos bureleses.
O mércores día 14, os xogadores; Isi, Antoñito e Juanma acompañaron a Alfonso Mera, preparador físico do equipo masculino, para realizar unha sesión de adestramento cos alumnos de 4º de Primaria. O xoves día 15, a quenda foi para Lidia, Bea Mateos, Jozi, Daniela, Cristina e Patri que cos técnicos de base; Mario Pillado, Javi Celes e Christian Gómez achegaron, aínda máis, o espírito laranxa aos alumnos de 3º,5º e 6º de Primaria que gozaron dunhas divertidas e didácticas sesións de Fútbol Sala en Vista Alegre. No pavillón Monte Castelo de Burela e en Ribadeo; as xogadoras do Burela Pescados Rubén; Peque, Maite, Lara, Bea Mateos e Silvia promocionaron e fomentaron a práctica do deporte feminino, en especial do Fútbol Sala en diversas sesións nas que estiveron acompañadas por Marcelo Santoro.

Recoñecemento Vista Alegre. Os equipos xuvenil, infantil e alevín da canteira burelesa recibiron durante o descanso do partido entre o Burela Pescados Rubén e Gironella, o seu merecido recoñecemento da afección laranxa pola conquista do campionato provincial; xuvenís e infantís, e do subcampionato no caso do equipo alevín. O presidente do club, Manuel Blanco, e os directivos Rubén Fernández e José Ángel Dovale acompañaron e felicitaron ás promesas laranxas.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores