Noticias
24 de maio de 2014
Derrota en Pamplona e título de campión para o Atlético de Madrid
O Burela Pescados Rubén caeu na pista do Lacturale Orvina (5-3) e cedeu o trono ao Atlético de Madrid que derrotou ao Roldán (2-4) proclamándose campión de Liga.
O conxunto mariñao non encontrou o camiño para abrir a lata pamplonica nunha primeira parte con poucas ocasións. Na continuación, o Burela Pescados Rubén comezou con maior claridade pero recibiu un dobre golpe das navarras. María Talavera, por partida dobre, adiantou ao seu equipo (2-0) no minuto 24. Con este marcador as locais reforzaron a súa moral ante un Burela Pescados Rubén que apostou polo xogo de cinco para cambiar a dinámica do encontro, a falta de 12 minutos para o desenlace. Claudia recortou distancias (2-1) pero as navarras responderon con prontitud (3-1) por mediación de Maialen. Sen respiro as laranxas volveron entrar no choque co gol de Maite (3-2) pero no tramo final de encontro o Orvina golpeou definitivamente a nave laranxa con dous goles desde propia pista (5-2). No último suspiro Peque situou o definitivo 5-3.

Noraboa ao Atlético de Madrid polo título de Liga. En especial a Rosana, xogadora mariñá do conxunto colchoneiro.

Ficha técnica
CD Orvina: Rebeca, Maialen, Jessica, Cristina, Maite –cinco inicial- Fabiola, Irune, María Talavera, Aiora.

CD Burela Pescados Rubén: Patri, Peque, Bea Mateos, Claudia, Daniela – cinco inicial- Lara, Maite.

Goles: 1-0, m.24, María Talavera; 2-0, m. 24, María Talavera; 2-1, m.29, Claudia; 3-1, m. 32, Maialen; 3-2, m. 33, Maite; 4-2, m.39, Jessica; 5-2, m.39, Jessica; 5-3, m.39, Peque.

Árbitros: Javier Díaz, Javier López. Colegio navarro. No Burela Pescados Rubén cartóns amarelos a Maite m.19, m.38; Bea Mateos, m.36; Peque, m.38; Claudia m.39.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores