Noticias
26 de maio de 2014
Quico Otero e Peque premiados pola ANEFS
O adestrador do Burela Pescados Rubén, Quico Otero, e a xogadora laranxa Patricia González Mota “Peque” premiados pola Asociación Nacional de Adestradores de Fútbol Sala no apartado de mellor adestrador e mellor xogadora da Primeira División Feminina.
A ANEFS premia a excelente tempada do conxunto burelés dirixido por Quico Otero; Campión da Copa Galicia 2014 e subcampión de Liga. Agora, o conxunto mariñano vai a pola Copa de España que se organiza en Burela, 7 e 8 de xuño. Asi mesmo, premia a a gran tempada de Peque, actual pichichi da categoría. Noraboa a ambos!!

A relación completa de premiados é a seguinte:

Mellor adestrador 1a División masculina: Imanol Arregui (Triman Navarra )
Mellor adestrador 1a División feminina: Francisco Otero (Burela Pescados Rubén)
Mellor adestrador 2a División masculina: José Luís Pérez Escrich (Levante)
Adestrador revelación: Xavier Passarius (Marfil Sta Coloma)
Mellor medio de comunicación – na labor para a difusión do fútbol sala: Energy TV
Mellor xogador: Ricardinho (Inter Movistar)
Mellor xogadora: Patricia González Mota (Burela Pescados Rubén)
Equipo revelación masculino: Jumilla Montesinos
Equipo revelación feminino: Roldán
Mellor árbitro: Peña Díaz
Premio especial ao socio ANEFS: Diego Ríos
Premio especial ao club ou entidad: Ribera Navarra
Premio ao mellor artículo técnico ou mellor aportación técnica para a web de ANEFS: Ponencia Scouting XV Congreso ANEFS (Diego e Morenín)

O sábado 28 de xuño de 2014, durante a cea de gala ANEFS, faranse os actos de entrega dos Premios ANEFS.

Fonte: www.anefs.es
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores