Noticias
29 de maio de 2014
Lara, Jozi e Bea Mateos visitan o IES María Sarmiento de Viveiro
O Instituto Maria Sarmiento de Viveiro recibiu a visita das xogadoras do Burela Pescados Rubén; Bea Mateos, Lara e Jozi que compartiron unha intensa xornada de Fútbol Sala co alumnado de 3º de E.S.O. Entre outros obxectivos, a actividade realizada está orientada cara a promoción e difusión do fútbol sala feminino, incidindo especialmente no respecto polo deporte feminino entre os escolares mariñaos. As xogadoras fomentaron o seu espírito laranxa entre o alumnado vivariense, á vez que observaron as súas habilidades e aptitudes para o fútbol sala durante as diversas sesións practicadas.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores