Noticias
30 de maio de 2014
Peche ligueiro en Vista Alegre que prepara a XX Copa de España
Vista Alegre despide a competición ligueira co duelo entre Burela Pescados Rubén e Alcorcón FSF, un duelo entre o subcampión e o terceiro clasificado de Primeira División que pode ser a antesala dun posible enfrontamento na Copa de España, evento que se celebra en Burela os días 7 e 8 de xuño. Ademais de ambos equipos estarán presentes en XX Copa de España o Atlético de Madrid, recente campión ligueiro, e o Universidade de Alacante, cuarto clasificado.
Fotografía: Adán Puentes
A última xornada de Liga entre mariñás e madrileñas dispútase o sábado día 31 de maio, ás 18.00 horas, e servirá a ambos contendentes como ensaio xeral para a Copa de España. O técnico burelés, Quico Otero cualificou o choque como “trámite aínda que non por iso imos relaxarnos nin baixar os brazos. Queremos pechar a competición cunha vitoria e chegar á Copa de España con boas sensacións. É un reto bonito xogar a Copa na casa e faremos todo o posible para que se quede en Burela. Este equipo entrégase ao cen por cento e sempre da a cara”.

Liga. En fronte estará o Alcorcón que por momentos durante a tempada parecía en disposición de loitar polo título pero que se descolgou demasiado pronto da cabeza. Malia iso, as alfareras son un conxunto perigoso e competitivo. “xogamos ante un rival de gran entidade que compite moi ben e que na seu feudo gañounos con todo merecemento” indicou Quico Otero que para esta encontro suma un novo contratempo. A porteira laranxa, Patri, é baixa segura por un esguince de grado II no xeonllo dereito. Por este motivo “estamos obrigados a adiantar a reaparición de Jozi que se está recuperando da súa rotura fibrilar”. É dúbida para o partido Lidia Mesías que non puido adestrar con normalidade durante a semana debido a problemas musculares.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores