Noticias
30 de maio de 2014
Presentado o Torneo de Fútbol Sala Base Fundación Imdecum "Memorial Rodrigo Maseda Lozano"
O salón de plenos do Concello de Burela acolleu este venres, 30 de Maio, a presentación da terceira edición do Torneo de Fútbol Sala Base Fundación Imdecum 2014 “Memorial Rodrigo Maseda Lozano”, evento organizado pola Fundación Imdecum e que congregará o 4, 5 e 6 de xullo nas localidades de Burela, Foz, Xove e Cervo ás futuras promesas do fútbol sala español chegadas desde diferentes puntos da nosa xeografía.
No acto de presentación estiveron o presidente da Fundación Imdecum, D. Marcelino Luna, o presidente do C.D. Burela F.S. Pescados Rubén, D. Manuel Blanco Fanego, o alcalde do concello de Burela, D. José María González Barcia, o responsable do área de cultura e deportes do concello de Foz, D. José Ángel Paleo Soto, o concelleiro do concello de Cervo, D. José Ramón Soto Martinez, a concelleira de deportes e turismo do concello de Xove, Dña. Cristina Igrexas Guerreiro, os pais de Rodrigo Maseda Lozano, Dña. Isabel Lozano Lozano e D. José Ramón Maseda Maseda, e a diseñadora do trofeo, Dña. Melina López. Desculpouse a presenza de D. Antón Veiga Otero, vicepresidente primeiro da deputación de Lugo.

D. Marcelino Luna abriu a cita agradecendo a presenza de todas as autoridades, “agradecer aos catro concellos a cesión das súas instalacións e a súa colaboración constante co torneo, felicitar tamén a Melina polo magnífico deseño e a donación da imaxe para a elaboración do trofeo e agradecer intensamente a participación de Isabel e José Ramón por facernos partícipes do feito de poder mostrar o legado de Rodrigo a todos os deportistas. Ano tras ano, observamos un crecemento contínuo no número de inscritos e de feito nesta edición esperamos estar preto dos 500 deportistas, isto é algo moi importante para o turismo da Mariña”.

Pola súa banda, D. José María González Barcia fixo fincapé nos valores de Rodrigo, “dou o miña noraboa á iniciativa da Fundación Imdecum a través da que se intentan transmitir valores como os que mostraba Rodrigo na súa vida diaria; superación, compañerismo, esforzo, colaboración, hábitos saudables, etc.. é un bo xeito de recordalo e de inculcar todas estas virtudes”.

D. José Ramón Soto, D. José Ángel Paleo e Dña. Cristina Iglesias transmitiron aos presentes a predisposición de cada un dos concellos para o desenvolvemento de todas as actividades relacionadas co torneo, así como a total disponibilidade para a cesión das súas instalacións, facendo mención especial á relación que tiña Rodrigo coa localidade de Xove e Cervo xa que o seu pai é natural de Xove e a súa nai de Cervo.

Dña. Melina López, alumna do IES Monte Castelo, referiuse á simboloxía do trofeo, “o deseño baséase en dúas persoas fundíndose nun abrazo, con todo o significado que isto conlleva”. D. Manuel Branco Fanego, referiuse aos valores que inculca o deporte e á participión das categorías basee do C.D. Burela F.S. Pescados Rubén, “o deporte inculca un gran número de valores que nós intentamos transmitir a todos os alumnos da nosa Escola Deportiva para que medren como deportistas e persoas, todas as nosas categorías e equipos serán partícipes do torneo e intentarán gozar e dar o mellor de sí”.

Para rematar, Isabel Lozano mostrouse moi agradecida con todas as entidades “dar as grazas a Fundación Imdecum, un ano máis, a todos os concellos participantes e a Melina pola simboloxía da súa trofeo, é un pracer ver como o torneo, aos poucos, vai crecendo e perdura no tempo”.

Nesta terceira edición participarán equipos chegados desde diferentes comunidades como Galicia, Asturias, Madrid, Castilla e León, etc... As categorías participantes son benxamín, alevín, infantil cadete e xuvenil e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados, mellor xogador, máximo goleador e deportividade, así como un recordo de participación por club e unha camiseta do torneo para todos os inscritos.

Os vencedores do torneo recibirán un trofeo inédito elaborado polos usuarios da fundación Eu Son de Burela. Trátase dunha figura de dúas persoas que se funden nun só corpo a través dun abrazo, como símbolo dos valores de compañerismo e solidariedade polos que traballa a cita deportiva da Fundación Imdecum, en recordo de Rodrigo Maseda cuxo exemplo serve de imaxe na que se pódense reflexar todos os participantes da cita. A peza foi deseñada por Melina López, alumna do IES Monte Castelo.

Como actividades alternativas ao torneo programáronse visitas guiadas ao barco museo de Burela e a posibilidade de utilización de múltiples instalacións para o goce de todos os participantes, como a piscina municipal climatizada de San Cibrao, o complexo deportivo da Marosa coas súas pistas de tenis, pádel, campo de fútbol, etc…Os partidos disputaranse nos pavillóns burelaos de Vista Alegre e o Monte Castelo, no sancibrense da Veiga, o pavillón municipal de Xove e o focense de Marzán, contando así coa colaboración de distintos concellos da Mariña (Burela, Foz, Cervo e Xove) e a Deputación de Lugo na súa área de deportes, todo baixo o ámbito organizativo da Fundación Imdecum.

Inscripción aberta
Os equipos poderán anotarse ata o venres 6 de xuño. Pódese solicitar información nos números 982 888 610 e 670 321 857, así como na dirección electrónica: contacto@fundacionimdecum.org
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores